Monday 06 de May de 2024

O concello instala cinco novas marquesinas de autobuses en catro parroquias de Riveira


O Concello de Riveira vén de instalar estes días catro novas marquesinas de autobuses en tres parroquias de municipio.

Concretamente, as novas estruturas están localizadas na estrada xeral e na rúa Castelao en Aguiño, nos Areeiros en Castiñeiras e nos Muíños en Oleiros.

Ademais, en breve colocará un elemento máis fronte ao cemiterio municipal de Palmeira recollendo a inquedanza dos veciños da zona.

A inversión total dos cinco elementos ascende a máis de 13.000 euros.

Praza de Teruel
Noutra orde de cousas, a brigada municipal de Obras (entidade que colaborou nos labores de colocación das marquesinas) está a dotar estes días de novo mobiliario urbano á praza de Teruel: seis bancos de pedra que se verán complementados con papeleiras.